← Volver ao inicio

Condicións Xerais de Alugueiro de Estudios

  1. Duración mínima: 2 horas por sesión.
  2. Límite diario: Máximo 5 horas consecutivas por estudio nun mesmo día sen cargo adicional. Cada hora engadida cobrarase un 25% por riba da tarifa básica.
  3. Horario: Horario comercial estándar (consultar para tardes/noites/fins de semana).
  4. Reserva: Requírese a sinatura do orzamento acordado a modo de vínculo contractual.
  5. Cancelación:
    • Máis de 72h antes: Acordo anulado
    • 48-72h antes: Facturarase o 50% do acordado
    • Menos de 48h: Facturarase o 100% do acordado
  6. Fianza: Non se require fianza inicial, pero o cliente responde por danos causados por mal uso do equipamento.
  7. Responsabilidade por danos: Calquera desperfecto causado por neglixencia ou mal uso será facturado ao cliente.
  8. Técnico incluído: Todas as sesións inclúen técnico de son e realización.
  9. Streaming: Custo adicional de 35€/hora
  10. Edición: Servizo opcional a negociar. Gratuito só se hai erro técnico imputable ao estudio.
  11. Propiedade do contido: O cliente é propietario íntegro do material entregado.
  12. Modificacións: Produciós OU ké! S.L. resérvase o dereito de modificar estas condicións con aviso previo.